A CARTA QUE NOS MANDOU RABIT FALÁNDONOS DE CHINA PARECEUNOS MOI ORIXINAL ASÍ QUE QUIXEMOS FACER ALGO SIMILAR.
NA SESIÓN DE PLÁSTICA COA PROFE LORENA, TENTAMOS REPRODUCIR UN PERGAMINO CHINO. O PRIMEIRO FOI DARLLE Á CARTOLINA O ASPECTO DE PERGAMINO. ENTRE TODOS ROMPEMOS OS BORDES DA CARTOLINA PARA DALLLE A FORMA E, CON CAFÉ, TINGUÍMOLA PARA DARLLE A COR DE PAPEL ANTIGO.
DESPOIS IMITAMOS A FLOR DA AMEIXEIRA. É UNHA DAS FLORES MAIS QUERIDAS EN CHINA. VEÑEN REPRESENTÁNDOSE CON FRECUENCIA NA PINTURA E NA POESÍA CHINA DURANTE SÉCULOS. OS CHINOS VEN AS SÚAS FLORES COMO SÍMBOLO DE INVERNO, ASÍ COMO UN ANUNCIO DA PRIMAVERA.
PARA ISO FIXEMOS SOPRADOS CON TINTA CHINA E DECORAMOS CON FLORES ROSAS. QUEDARON PRECIOSOS.
ESTE FOI O TRABALLO EN 3 ANOS:
AQUÍ TEDES O TRABALLO DE 4 ANOS:
E, POR ÚLTIMO O TRABALLO DE 5 ANOS:
No hay comentarios:
Publicar un comentario