AQUÍ VOS DEIXAMOS UN ARTIGO MOI INTERESANTE PARA REFLEXIONAR ENTRE TODOS:
lunes, 25 de mayo de 2015
jueves, 14 de mayo de 2015
SABELA E O PAXARO MÁXICO
PARA CONMEMORAR A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS, OS CHANCELIÑAS TIVERON A VISITA DO TEATRO DE TARABELOS CUN ESPECTÁCULO CHAMADO "SABELA E O PAXARO MÁXICO". UNHA PEQUENA NENA QUE TEN QUE ATURAR OS CAPRICHOS DA SÚA XEFA, UN PAXARIÑO FANTÁSTICO QUE SEMPRE ESTÁ DISPOSTO A AXUDALA, UN MAGO MALVADO, UN OGRO CHEIRENTO, UN PRÍNCIPE DESAPARECIDO, UNS REIS PREOCUPADOS... E TODO ISO CHEIRANDO A PERFUME? NON PODE SER!
BIOGRAFÍA DE CERVANTES
DESPOIS DE TRABALLAR POLO DÍA DO LIBRO A DON QUIXOTE, OS CHANCELIÑAS DE 5 ANOS ANIMÁRONSE A A SÚA PROPIA VERSIÓN DA BIOGRAFÍA DE CERVANTES. AQUÍ TEDES ALGUNHA.
sábado, 9 de mayo de 2015
PERGAMINOS CHINOS
A CARTA QUE NOS MANDOU RABIT FALÁNDONOS DE CHINA PARECEUNOS MOI ORIXINAL ASÍ QUE QUIXEMOS FACER ALGO SIMILAR.
NA SESIÓN DE PLÁSTICA COA PROFE LORENA, TENTAMOS REPRODUCIR UN PERGAMINO CHINO. O PRIMEIRO FOI DARLLE Á CARTOLINA O ASPECTO DE PERGAMINO. ENTRE TODOS ROMPEMOS OS BORDES DA CARTOLINA PARA DALLLE A FORMA E, CON CAFÉ, TINGUÍMOLA PARA DARLLE A COR DE PAPEL ANTIGO.
DESPOIS IMITAMOS A FLOR DA AMEIXEIRA. É UNHA DAS FLORES MAIS QUERIDAS EN CHINA. VEÑEN REPRESENTÁNDOSE CON FRECUENCIA NA PINTURA E NA POESÍA CHINA DURANTE SÉCULOS. OS CHINOS VEN AS SÚAS FLORES COMO SÍMBOLO DE INVERNO, ASÍ COMO UN ANUNCIO DA PRIMAVERA.
PARA ISO FIXEMOS SOPRADOS CON TINTA CHINA E DECORAMOS CON FLORES ROSAS. QUEDARON PRECIOSOS.
ESTE FOI O TRABALLO EN 3 ANOS:
AQUÍ TEDES O TRABALLO DE 4 ANOS:
E, POR ÚLTIMO O TRABALLO DE 5 ANOS:
O MAIO DE CHANCELAS
COMO TODOS OS ANOS, OS CHANCELIÑAS AXUDAMOS A FACER OS COLARES CON PAMPULLOS PARA DECORAR O NOSO MAIO. QUEDOU PRECIOSO.
viernes, 1 de mayo de 2015
MATEMÁTICAS DIVERTIDAS
HAI UNS DÍAS TIVEMOS A VISITA DE JULIO, UN MESTRE MOI ESPECIAL, QUE NOS ENSINOU COMO PODEMOS APRENDER CONCEPTOS MATEMÁTICOS DUN XEITO MAIS DIVERTIDO E MANIPULATIVO. TANTO OS CHANCELIÑAS COMO AS PROFES QUEDAMOS ENCANTADOS.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)