viernes, 6 de noviembre de 2015

SAÍDAS EDUCATIVAS

PRÓXIMAS SAÍDAS EDUCATIVAS


En Pontevedra, no auditorio de  Afundación 

16 de novembro
“Nana para un soldado”
3º e 4º de primaria
11 de decembro
“Lío na granxa"
 1º e 2º de                                                                  primaria 
22 de Xaneiro
“Alice” ( En inglés)
  4º , 5º e 6º
de primaria
19 de febreiro
“Aurora”
  Educación Infantil
2 de
marzo
“Rodarirrodari”
  1º e 2º
de primaria
1 de
Abril
“Estamos no verán"
 5º e 6º
de primaria

PREMIOS CABAZAS


ESTES SON OS NOSOS GAÑADORES:

ABIGAIL DE 3 ANOS:

                                                                           
                                                                  IRIA DE 4 ANOS:
                                                                           
                                                     
                                                               JOEL DE 5 ANOS:           
                                                                     
             
                                                                SARAVI DE 1º:



                                                                   CARLA DE 2º:
       


                                                                  MANUEL DE 3ºA:
                               


                                                                 UXIA DE 3º B:



                                                                 SHEILA DE 4º:



                                                               LUCIANA DE 5º:



                                                               RAQUEL DE 6º:
                                                         


GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN .


miércoles, 28 de octubre de 2015

GRAZAS, GRAZAS E OUTRA VEZ GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR PARTICIPAR


GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR TRAER OS POSTRES TAN TERRORÍFICOOOSSSSS

Os nenos e nenas do colexio está mañá tiveron a dura tarefa de elexir os postres máis terroríficos.  E  os gañadores foron:


3 ANOS : NOA


4 ANOS: JOEL




5 ANOS: OLIVIA



1º : HUGO BLANCO


2º : AITOR



3ºA : DORIAN

3ºB : SABELA



4º : ROMÁN



                              5º : ALBA DOMÍNGUEZ


6º : NEREA


viernes, 16 de octubre de 2015



 PRÓXIMAMENTE...


FESTA DO SAMAÍN



O próximo día 28 de OUTUBRO todos os nenos e nenas teredes que traer un postre típico do samaín. Despois degustaremos os nosos  POSTRES, mmmm… que gorditos nos vamos a poner. Recordade que haberá un premio ao postre máis rico e orixinal, ÑAM, ÑAM.

Ao día seguinte 29 de OUTUBRO veremos as vosas terroríficas cabazas, acordádevos de traer unha, porque faremos un concurso da cabaza máis orixinal. Daremos un diploma a cabaza máis divertida e terrorífica.

 ¡ GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN !

viernes, 9 de octubre de 2015

¡OLA A TODOS!

Nestas fotos veredes aos máis pequenos do cole, os de 3, 4, e 5 anos.

                                                                      3 ANOS:

4 ANOS:

5 ANOS:






REUNION PAIS E NAIS

REUNION PAIS E NAIS

ESTIMADOS PAIS E NAIS O VINDEIRO MARTES DIA 13 HABERA UNHA REUNION INFORMATIVA,EMPEZARÁ AS 16:30 NO SALÓN DE ACTOS.PRIMEIRO SERÁ UNHA REUNIÓN CONXUNTA CO CLAUSTRO DE PROFESORES, NESTE MESMO DIA AS/OS TITORES VOS REPARTIRÁN OS VALES DAS AXUDAS PARA MATERIAL A TODOS/AS QUE O SOLICITASTES E VOLO CONCEDERON.

sábado, 13 de junio de 2015

AS FAMILIAS CONTAN (2º TRIMESTRE)

COMA NO PRIMEIRO TRIMESTRE, AQUÍ VOS DEIXAMOS A SEGUNDA QUENDA DA ACTIVIDADE "AS FAMILIAS CONTAN" NA AULA DE 5 ANOS. GRAZAS COMA SEMPRE POLA VOSA COLABORACIÓN.

jueves, 14 de mayo de 2015

SABELA E O PAXARO MÁXICO

PARA CONMEMORAR A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS, OS CHANCELIÑAS TIVERON A VISITA DO TEATRO DE TARABELOS CUN ESPECTÁCULO CHAMADO "SABELA E O PAXARO MÁXICO". UNHA PEQUENA NENA QUE TEN QUE ATURAR OS CAPRICHOS DA SÚA XEFA, UN PAXARIÑO FANTÁSTICO QUE SEMPRE ESTÁ DISPOSTO A AXUDALA, UN MAGO MALVADO, UN OGRO CHEIRENTO, UN PRÍNCIPE DESAPARECIDO, UNS REIS PREOCUPADOS... E TODO ISO CHEIRANDO A PERFUME? NON PODE SER!

BIOGRAFÍA DE CERVANTES

DESPOIS DE TRABALLAR POLO DÍA DO LIBRO A DON QUIXOTE, OS CHANCELIÑAS DE 5 ANOS ANIMÁRONSE A A SÚA PROPIA VERSIÓN DA BIOGRAFÍA DE CERVANTES. AQUÍ TEDES ALGUNHA.

sábado, 9 de mayo de 2015

PERGAMINOS CHINOS

A CARTA QUE NOS MANDOU RABIT FALÁNDONOS DE CHINA PARECEUNOS MOI ORIXINAL ASÍ QUE QUIXEMOS FACER ALGO SIMILAR. 

NA SESIÓN DE PLÁSTICA COA PROFE LORENA, TENTAMOS REPRODUCIR UN PERGAMINO CHINO. O PRIMEIRO FOI DARLLE Á CARTOLINA O ASPECTO DE PERGAMINO. ENTRE TODOS ROMPEMOS OS BORDES DA CARTOLINA PARA DALLLE A FORMA E, CON CAFÉ, TINGUÍMOLA PARA DARLLE A COR DE PAPEL ANTIGO. 

DESPOIS IMITAMOS A FLOR DA AMEIXEIRA. É UNHA DAS FLORES MAIS QUERIDAS EN CHINA. VEÑEN REPRESENTÁNDOSE CON FRECUENCIA NA PINTURA E NA POESÍA CHINA DURANTE SÉCULOS. OS CHINOS VEN AS SÚAS FLORES COMO SÍMBOLO DE INVERNO, ASÍ COMO UN ANUNCIO DA PRIMAVERA. 


PARA ISO FIXEMOS SOPRADOS CON TINTA CHINA E DECORAMOS CON FLORES ROSAS. QUEDARON PRECIOSOS.

ESTE FOI O TRABALLO EN 3 ANOS:


AQUÍ TEDES O TRABALLO DE 4 ANOS:


E, POR ÚLTIMO O TRABALLO DE 5 ANOS:

O MAIO DE CHANCELAS

COMO TODOS OS ANOS, OS CHANCELIÑAS AXUDAMOS A FACER OS COLARES CON PAMPULLOS PARA DECORAR O NOSO MAIO. QUEDOU PRECIOSO.

viernes, 1 de mayo de 2015

MATEMÁTICAS DIVERTIDAS

HAI UNS DÍAS TIVEMOS A VISITA DE JULIO, UN MESTRE MOI ESPECIAL, QUE NOS ENSINOU COMO PODEMOS APRENDER CONCEPTOS MATEMÁTICOS DUN XEITO MAIS DIVERTIDO E MANIPULATIVO. TANTO OS CHANCELIÑAS COMO AS PROFES QUEDAMOS ENCANTADOS.

miércoles, 29 de abril de 2015

AS PLANTAS AROMÁTICAS

APROVEITANDO A NOSA HORTA ESTIVEMOS APRENDENDO ALGUNHA COUSIÑA DALGUNHAS PLANTAS AROMÁTICAS. AAAAY!!! QUE VEN CHEIRAN.

DÍA DO LIBRO

CO GALLO, DO DÍA DO LIBRO, O EQUIPO DE BIBLIOTECA DO NOSO COLE PROPÚXONOS TRABALLAR SOBRE A MARABILLOSA OBRA DE CERVANTES "DON QUIJOTE DE LA MANCHA", POIS ESTE ANO CÚMPRESE O CUARTO CENTENARIO DA PUBLICACIÓN DA SEGUNDA PARTE DESTE LIBRO.
AS PROFES ORGANIZARON UNHA PROCURA DO TESOURO CON PALABRAS RELACIONADAS CON ESTA OBRA. FOI MOI DIVERTIDO E AO FINAL TIVEMOS UNHA SORPRESA. 

viernes, 10 de abril de 2015

VISITAMOS... O SALÓN DO LIBRO

AQUÍ TEDES ALGUNHAS FOTIÑOS DA NOSA VISITA AO SALÓN DO LIBRO, ESTE ANO TITULADO "DA CIENCIA Á FICCIÓN". ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN.

NA PROCURA DOS OVOS DE CHOCOLATE

IGUAL QUE EN ANOS ANTERIORES, ANTES DAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA, APARECEU POLO COLE O COELLIÑO DE PASCUA QUE AGACHOU POLA LUDOTECA DE INFANTIL UNHA MOREA DE OVOS DE CHOCOLATE. OS CHANCELIÑAS DESPOIS DE VER UN VÍDEO DO COELLIÑO DE PASCUA TIVERON QUE BUSCAR ONDE ESTABAN AGOCHADOS OS OVOS. ATOPAMOS UNHA CHEA DELES, E OS REPARTIMOS PARA TODOS OS CHANCELIÑAS. UNHA DESPEDIDA DOCE PARA DISFRUTAR DAS VACACIÓNS.

martes, 31 de marzo de 2015

OS NÚMEROS CHINOS

OS CHANCELIÑAS MAIS MAIORES (AULA DE 5 ANOS) XA ESTIVERON PRACTICANDO OS NÚMEROS CHINOS. AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA DALGÚNS DELES.

NIN HAO CHANCELIÑAS

DESPOIS DE VIAXAR POR ARXENTINA, RABIT DECIDIU CAMBIAR DE CONTINENTE. ADIVIÑADES ONDE PODE ESTAR AGORA?



DÍA DE ROSALÍA

O DÍA 24 DE FEBREIRO CELEBREMOS CO RESTO DO COLE O ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. MIRADE O ATENTIÑOS QUE ESTÁN TODOS OS CHANCELIÑAS. AQUÍ TEDES ALGUNHAS FOTIÑOS DESE DÍA.

domingo, 8 de marzo de 2015

OBRADOIRO DE DISFRACES

ESTE ANO OS CHANCELIÑAS QUIXERON POÑERSE Á MODA, E PUXERON A FUNCIONAR A SÚA IMAXINACIÓN CREANDO VESTIDOS DE ALTA COSTURA. AQUÍ VOS DEIXAMOS A PASARELA DE CHANCELAS.

viernes, 6 de marzo de 2015

OBRADOIRO DE MAQUILLAXE

COMA O ANO PASADO POLO ENTROIDO, FIXEMOS UN OBRADOIRO DE MAQUILLAXE. QUEREDES VER O RESULTADO? AQUÍ O TEDES, NON DEIXEDES DE FACER COMENTARIOS.

lunes, 23 de febrero de 2015

IMOS AO TEATRO

O 28 DE XANEIRO TIVEMOS A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN AO TEATRO. CONTOS DE TITIRITRAPO É O FANTÁSTICO MUNDO DOS ANIMAIS QUE HABITAN NOS CONTOS DE PERRAULT, GRIMM, ALFONSO X O SABIO... E OUTROS CONTACONTOS DO MUNDO. TAMÉN É A MÚSICA DE BACH, MOZART E BRAHMS QUE XURDE MÁXICA E ALEGRE DAS CORDAS DO VIOLÍN.

SOBRE O ESCENARIO, UN MÚSICO E UNHA ACTRIZ DAN VIDA A MULTITUDE DE PERSONAXES POR MEDIO DA DANZA, O XESTO E O RITMO. A SÚA INCRIBLE FAUNA ESTÁ FABRICADA CON MATERIAIS RECICLADOS: PARAUGAS, PINZAS, PRATOS, ZAPATILLAS... OBXECTOS QUE, DOUTRA MANEIRA, TERMINARÍAN NO LIXO E QUE DAN A ESTE XESTO DE REUTILIZAR E RECICLAR UNHA BONITA ENSINANZA.

DESPOIS DO TEATRO APROVEITAMOS A MAÑÁ MERENDANDO E XOGANDO NO PARQUE DA ALAMEDA DE PONTEVEDRA. UN DÍA COMPLETO.

lunes, 9 de febrero de 2015

CHUVASQUEIROS POLA PAZ

COMO TODOS OS ANOS, DESDE O CENTRO SOCIAL DO CONCELLO DE POIO, LANZARON A PROPOSTA DE FACER OS NOSOS CHUVASQUEIROS DA PAZ. UNHA IDEA PENSADA A RAÍZ DUNARTIGO RECOLLIDO NA PRENSA SOBRE A INICIATIVA DE MATT LAMB, UN ARTISTA NORTEAMERICANO QUE TRAS O ATENTADO DAS TORRES XEMELGAS TRABALLOU CON 38 XOVES QUE PERDERON AOS SEUS PROXENITORES.

MATT LAMB TRABALLOU ESTA INICIATIVA A TRAVÉS DA DECORACIÓN DE PARAUGAS CON ESES 38 MOZOS E MOZAS, UNS PARAUGAS QUE AGORA ESTÁN PERCORRENDO DIFERENTES INSTITUCIÓNS A MODO DE EXEMPLO MILES DE XOVES DE TODO O MUNDO.

A INTENCIÓN É A DE SUMARSE A ESTA INICIATIVA PERO DÁNDOLLE OUTRO MATIZ, DÁNDOLLE O NOSO FORMATO CREATIVO: OS CHUVASQUEIROS DA PAZ.

QUEREMOS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN NA DECORACIÓN DOS CHUVASQUEIROS E ÁS CHICAS DO CENTRO SOCIAL DO CONCELLO DE POIO POLAS SÚAS PROPOSTAS TODOS OS ANOS.


ADEMAIS, A CANCIÓN DESTE ANO FOI "HECHA CON TUS SUEÑOS", DE MALDITA NEREA. E AQUÍ TEDES O BEN QUE NOS QUEDOU A COREOGRAFÍA DE JUAN MUÑOZ BANDA QUE ENSAIAMOS COA PROFE ALICIA.

jueves, 5 de febrero de 2015

AS FAMILIAS CONTAN (1º TRIMESTRE)

UNHA VEZ  MAIS PODEMOS VER A IMPORTANCIA DA IMPLICACIÓN DAS FAMILIAS NA ESCOLA TANTO PARA A MOTIVACIÓN DOS CHANCELIÑAS COMO PARA O SEU DESENVOLVEMENTO. AQUÍ VOS DEIXAMOS A PRIMEIRA QUENDA DA ACTIVIDADE "AS FAMILIAS CONTAN". E POR SUPOSTO QUE CONTAN.

viernes, 30 de enero de 2015

BRANCOS E NEGROS

COÑECEDES O CONTO "BRANCOS E NEGROS" DE DAVID McKEE? POIS É UN CONTO IMPRESCINDIBLE PARA TRABALLAR A PAZ NA ESCOLA, AOS CHANCELIÑAS GUSTOUNOS MOITO. O SEU AUTOR É COÑECIDO, SOBRE TODO, POLO PERSONAXE DOUTRO DOS SEUS MAGNÍFICOS CONTOS "ELMER", UN CLÁSICO DO ALBUME ILUSTRADO. BRANCOS E NEGROS É UN CONTO PARA REIVINDICAR A PAZ, LOITAR CONTRA O RACISMO E A INTOLERANCIA. UN LIBRO QUE AXUDARÁ A REFLEXIONAR SOBRE A VIOLENCIA E A INTRANSIXENCIA DO SER HUMANO.

jueves, 29 de enero de 2015

ENSAIAMOS PARA O NADAL

AQUÍ TEDES ALGUNHAS FOTIÑOS DO ENSAIO QUE FIXEMOS O DÍA ANTERIOR AO FESTIVAL DE NADAL. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN.

lunes, 19 de enero de 2015

PAPÁ NOEL EN CHANCELAS

AQUÍ TEDES A VISITA TAN ESPECIAL QUE NOS FIXO PAPÁ NOEL ANTES DAS VACACIÓNS DE NADAL. E NÓS, A CAMBIO, CANTÁMOSLLE UNHA PANXOLIÑA EN INGLÉS. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.



sábado, 3 de enero de 2015

FESTIVAL DE NADAL

                              FESTIVAL DE NADAL

Aquí tendes aos máis cativos do colexio
http://youtu.be/foTN9pRB-wA

Agora tócalles o turno aos de 4 anos
http://youtu.be/vutR78u6e-Q

Os de 5 anos o fixeron así de ben
http://youtu.be/BHBKDOIndyM