O 28 DE XANEIRO TIVEMOS A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN AO TEATRO. CONTOS DE TITIRITRAPO É O FANTÁSTICO MUNDO DOS ANIMAIS QUE HABITAN NOS CONTOS DE PERRAULT, GRIMM, ALFONSO X O SABIO... E OUTROS CONTACONTOS DO MUNDO. TAMÉN É A MÚSICA DE BACH, MOZART E BRAHMS QUE XURDE MÁXICA E ALEGRE DAS CORDAS DO VIOLÍN.
SOBRE O ESCENARIO, UN MÚSICO E UNHA ACTRIZ DAN VIDA A MULTITUDE DE PERSONAXES POR MEDIO DA DANZA, O XESTO E O RITMO. A SÚA INCRIBLE FAUNA ESTÁ FABRICADA CON MATERIAIS RECICLADOS: PARAUGAS, PINZAS, PRATOS, ZAPATILLAS... OBXECTOS QUE, DOUTRA MANEIRA, TERMINARÍAN NO LIXO E QUE DAN A ESTE XESTO DE REUTILIZAR E RECICLAR UNHA BONITA ENSINANZA.
DESPOIS DO TEATRO APROVEITAMOS A MAÑÁ MERENDANDO E XOGANDO NO PARQUE DA ALAMEDA DE PONTEVEDRA. UN DÍA COMPLETO.