NO OBRADOIRO DE DISFRACES, REALIZADO POLA PROFE BEA, OS CHANCELIÑAS DEIXÁRONSE LEVAR POLA SÚA IMAXINACIÓN A TRAVÉS DA EXPERIMENTACIÓN CON DISFRACES E COMPLEMENTOS VARIADOS: BAILARON, SALTARON, XOGARON, COLABORARON COS OUTROS PARA VESTIRSE... E POR ÚLTIMO, ELABORARON UNHA MARIONETA MOI DIVERTIDA CUN CALCETÍN VELLO. MIRADE QUE BEN O PASARON.
lunes, 21 de julio de 2014
martes, 8 de julio de 2014
OBRADOIRO DE COCIÑA
NO OBRADOIRO DE COCIÑA, LEVADO A CABO POLA PROFE PILAR, FIXERONSE RECEITAS SINXELAS NAS QUE OS CHANCELIÑAS PUIDERON ELABORALAS ELES MESMOS E COOPERAR EN GRUPOS. ASÍ ACADAMOS OBXECTIVOS DE FORMA GLOBALIZADA E DESENVOLVEMOS MOITAS COMPETENCIAS.
UNHA VEZ REALIZADA A RECEITA, DEGUSTÁBASE, COMPARTINDO COS DEMAIS CHANCELIÑAS DOS OUTROS GRUPOS.
REALIZÁRONSE DÚAS SESIÓNS POR GRUPO: NUNHA SESIÓN ELABORÁBASE UNHA RECEITA CON FROITAS, E NOUTRA, UN PASTEL SINXELO.
domingo, 6 de julio de 2014
OBRADOIRO "CREACIÓN DE CONTOS"
O OBRADOIRO "CREACIÓN DE CONTOS" FOI DINAMIZADO POLA PROFE SARA (MESTRA DE AUDICIÓN E LINGUAXE). DURANTE O CURSO ESCOLAR, DENTRO DO TEO DESENVOLVIDO NA ETAPA INFANTIL, TRABALLARONSE OS CONTOS. NA PIZARRA DIXITAL, UTILIZOUSE A PÁXINA "CLIC CLIC CLIC CONTOS INTERACTIVOS" E, EN CONCRETO, O APARTADO EL MUNDO AL REVÉS QUE SON OUTRAS VERSIÓNS DOS CONTOS POPULARES.
NO OBRADOIRO, UTILIZÁRONSE DIFERENTES TÉCNICAS PARA A CREACIÓN DO CONTO:
- PARTIR DUN CONTO COÑECIDO POLO ALUMNADO, E MODIFICALO. PODEMOS MODIFICAR O SEU FINAL, ALGUNHA PERSONAXE...
- A PARTIR DE IMAXES VARIADAS (CASTELO, BOSQUE, RÍO, PRINCESA, ESPADA...) CREAMOS UN CONTO.
- UN NENO/A COMEZA A INVENTAR UN CONTO E, UN A UN, TEÑEN QUE CONTINUALO.
PARA PLASMAR OS CONTOS EN PAPEL UTILIZÁRONSE DIFERENTES MATERIAIS: CARTOLINAS, FOLIOS DE DIFERENTES TAMAÑOS, CERAS, TÉMPERAS SÓLIDAS...
OBRADOIRO DE XOGOS
COMO SABEDES, AO LONGO DESTE CURSO LEVARONSE A CABO 5 OBRADOIROS DIFERENTES: OBRADOIRO DE XOGOS, OBRADOIRO DE CONTOS, OBRADOIRO DE COCIÑA, OBRADOIRO DE DISFRACES E OBRADOIRO DE ARTE COA NATUREZA.
OS OBRADOIROS ESTABAN FORMADOS POR GRUPOS DE 11 OU 12 NENOS E NENAS, DE IDADES DIFERENTES (3, 4 E 5 ANOS), E CADA GRUPO ÍAN ROTANDO CADA SEMANA POR UN OBRADOIRO DISTINTO.
O OBRADOIRO DE XOGOS FOI DINAMIZADO POLA PROFE CARMEN. OS CHANCELIÑAS CREARON ELES MESMOS XOGOS CON MATERIAL DE RECICLAXE E DESPOIS POÑÍAN EN PRÁCTICA A SÚA CREACIÓN. AQUÍ TEDES ALGUNHA FOTIÑO.
miércoles, 2 de julio de 2014
FESTIVAL FIN DE CURSO
NON PODEMOS DEIXAR DE VER AS ACTUACIÓNS DOS NOSOS CHANCELIÑAS. AQUÍ DEIXAMOS AS DE INFANTIL, PERO PODEDES VER O RESTO DE ACTUACIÓNS DO FESTIVAL NO BLOG DE ENDL DO COLE:
http://endldoceipdechancelas.blogspot.com.es/
http://endldoceipdechancelas.blogspot.com.es/
ACTUACIÓN DA AULA DE 3 ANOS
ACTUACIÓN DA AULA DE 4 ANOS
ACTUACIÓN DA AULA DE 5 ANOS
martes, 1 de julio de 2014
AS FAMILIAS CONTAN
GRACIAS AS FAMILIAS DOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS PUIDEMOS LEVAR A CABO AO LONGO DO CURSO UNHA ACTIVIDADE CHULÍSIMA "AS FAMILIAS CONTAN". UN DÍA Á SEMANA UN FAMILIAR DE CADA NENO OU NENA DESTA CLASE NOS AGASALLABA COA LECTURA DUN CONTO PARA TODOS OS CHANCELIÑAS.
CON ESTA ENTRADA QUEREMOS AGRADECER A ESTAS FAMILIAS POIS SEN ELAS ESTA ACTIVIDADE NON SERÍA POSIBLE E, COMO NON, DESPEDIR AOS CHANCELIÑAS DE 5 ANOS QUE PRONTO SE CONVERTIRAN EN CHANCELOTES CO SEU PASO A PRIMARIA.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)