sábado, 29 de marzo de 2014

ENTROIDO EN CHANCELAS

O ENTROIDO CHEGOU A CHANCELAS E OS NOSOS CHANCELIÑAS PUXERONSE OS SEUS DISFRACES E DISFRUTARON COMO NUNCA. E DESPOIS, PARA REPOÑER FORZAS, UN RIQUÍSIMO MENÚ: FILLOAS, ORELLAS... QUE UN MONTÓN DE FAMILIAS TROUXERON AO COLE.
ESPERAMOS  QUE O PASARADES MOI BEN. MOITAS GRAZAS POR COLABORAR.

miércoles, 19 de marzo de 2014

MUIÑADA EN BAROSA

AQUÍ TEDES A SAÍDA QUE FIXEMOS AOS MUÍÑOS DE BAROSA. UNHA ACTIVIDADE PRECIOSA ONDE OS CHANCELIÑAS APRENDERON UNHA CHEA DE COUSAS: COÑECEMOS DIFERENTES TIPOS DE FARIÑA, PUXEMOS A FUNCIONAR O MUÍÑO, OBSERVAMOS AS FERRAMENTAS NECESARIAS PARA TRABALLAR NO FORNO... ADEMAIS DE DEGUSTAR UN RIQUÍSIMO CHOCOLATE QUENTE ACOMPAÑADO DUNHAS GALLETIÑAS MOI SABROSAS.
E POR ÚLTIMO, DESCUBRIMOS OS INGREDIENTES NECESARIOS PARA FACER PAN E AS TÉCNICAS PARA AMASAR, QUE DESPOIS PUXEMOS EN PRÁCTICA.
UNHA EXCURSIÓN MOI COMPLETA E ONDE OS CHANCELIÑAS DISFRUTARON MOITÍSIMO.

domingo, 16 de marzo de 2014

OBRADOIRO DE MAQUILLAXE

ESTA VEZ OS CHANCELIÑAS QUIXERON POÑERSE MOI GUAPOS PARA A CHEGADA DO ENTROIDO, E PARA ISTO, PASARON POR UN SALÓN DE MAQUILLAXE MOI ESPECIAL CUNS ESTILISTAS DE CATEGORÍA... ESTE ENTROIDO DEU MOITO DE SÍ.

miércoles, 12 de marzo de 2014

MANDADIÑO DI...

OUTRO ANO MAIS CHEGOU MANDADIÑO COS SEUS CONSELLOS PARA PODER DISFRAZARNOS. OS CHANCELIÑAS DURANTE A SEMANA DE ENTROIDO FORON ONDE MANDADIÑO PARA LER AS SÚAS MENSAXES E CUMPLINDO RIGUROSAMENTE AS SÚAS NORMAS. FOI DIVERTIDÍSIMO.

martes, 4 de marzo de 2014

PLUM DISFRÁZASE

MENTRES PREPARAMOS A ENTRADA COAS FOTOS DO ENTROIDO NO COLE, AQUÍ VOS DEIXAMOS UN LIM QUE TRABALLAMOS CON ALGÚNS NENOS E NENAS DE INFANTIL. ESPERAMOS QUE SEXA DE UTILIDADE PARA ESTES DÍAS DE CHUVIA NA CASA. SAUDIÑOS