viernes, 31 de enero de 2014

NUNCABUNGA

O 21 DE NOVEMBRO OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS FOMOS AO TEATRO A VER A OBRA TITULADA NUNCABUNGA
"PRETO DO MAR VIVE UNHA PERSOA QUE CONSTRUIU O SEU FOGAR NUN RECANTO. UN DÍA DE TEMPESTADE, APARECE UN ESTRAÑO ENREDADO NUNHAS REDES, COMA UN RESIDUO MAIS. NON TEN CASA NIN COMIDA PERO ESTÁ DECDIDO A QUEDAR NAQUEL LUGAR. SERÁN CAPACES DE POÑERSE DE ACORDO?"
ESTA OBRA CÓMICA, GAÑADORA DO PREMIO MARÍA CASARES AO MELLOR ESPECTÁCULO, TRATA VALORES COMA O RESPECTO E A CONVIVENCIA.

jueves, 30 de enero de 2014

EXPOSICIÓN "POR FIN ES MAIOR"

AQUÍ TEDES A PRIMEIRA EXCURSIÓN DO CURSO. OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS VISITARON UNHA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA ADICADA ÁS PERSOAS MAIORES COMA OS NOSOS AVÓS, CON IMAXES DOS MOMENTOS MAIS DIVERTIDOS EN DISTINTOS CENTROS DE MAIORES: TAICHÍ, BIOXIMNASIA, PINTURA, LECTURA, BAILES DE SALÓN OU SERVICIOS COMA PERRUQUERÍA, MAQUILLAXE...
A EXPOSICIÓN, ADEMAIS DE DAR A COÑECER DE FORMA DIRECTA E PRÓXIMA OS CENTROS DE MAIORES, TAMÉN QUERE REIVINDICAR UN ESTILO MAIS ABERTO E ACTIVO PARA TODAS AQUELAS PERSOAS QUE PASAN DOS 55 ANOS.
MOI INTERESANTE.

A ESFOLLAR CHANCELIÑAS!!

GRAZAS ÁS APORTACIÓNS DAS FAMILIAS, REUNIMOS NO COLE UNHA MOREA DE PLANTAS DE MILLO. E COA MESMA, DECIDÍMONOS A PREPARAR UNHA GRAN ESFOLLADA. NON VOS PERDADES O QUE TRABALLARON OS VOSOS NENOS E NENAS.

martes, 28 de enero de 2014

PROXIMAMENTE


PROXIMAMENTE PORÉMONOS DE NOVO EN FUNCIONAMENTO PRESENTÁNDOVOS FOTOS DAS ACTIVIDADES E PROPOSTAS FEITAS AO LONGO DO CURSO, ASÍ COMA OUTROS CONTIDOS COS QUE PODEREDES TRABALLAR COS VOSOS NENOS E NENAS. ANIMÁDEVOS A VISITALO E FACERNOS COMENTARIOS.

SAUDIÑOS DAS MESTRAS DE INFANTIL