lunes, 29 de diciembre de 2014

XUL SOLAR E OS CHANCELIÑAS

O CURSO PASADO NA SESIÓN DE PLÁSTICA COA PROFE LORENA TRABALLAMOS A VAN GOGH, E COMO NOS GUSTOU MOITO ISTO DOS PINTORES, ESTE TRIMESTRE TOCOU UN PINTOR ARXENTINO CHAMADO XUL SOLAR.

TODO COMEZOU CANDO RECIBIMOS UNHA CARTA DE RABIT DESDE ARXENTINA, ONDE NOS ANIMABA A CREAR O NOSO PROPIO MUSEO DE XUL SOLAR. E COMO OS NOSOS CHANCELIÑAS SON UNS ARTISTAS DECIDIRON POÑERSE MANS Á OBRA. AÍNDA ESTA POR REMATAR, PERO PODEDES VISITALO NO PASILLO QUE DA ACCESO Á ZONA DE INFANTIL.

AQUÍ TEDES A CARTA DE RABIT:



E AQUÍ O TRABALLO EN 3 ANOS, ONDE TIVEMOS MOITÍSIMA AXUDA DA PROFE MARÍA:


ESTE É O TRABALLO DE 4 ANOS:



E POR ÚLTIMO, O TRABALLO DE 5 ANOS:

sábado, 20 de diciembre de 2014

A BOTA DE NADAL

QUE BONITIÑA QUEDOU A NOSA BOTA DE NADAL!!! PAPÁ NOEL QUEDOU ABRAIADO. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E POLAS VOSAS OBRAS DE ARTE.


QUE FACEMOS COS DESEXOS DE 2ºB E 6º

GUSTOUVOS A GUIRNALDA QUE FIXERON OS CHANCELIÑAS DE 3 E 4 ANOS COS DESEXOS DE 2ºB E 6º. VOTÁDELLE UNHA OLLADA A VER QUE PIDEN POLO NADAL.


  

CONTOS POR NADAL VI

SEGUINDO COA PROPOSTA DO EQUIPO DA BIBLIOTECA DO COLE DE CONTAR E RECIBIR UN CONTO POR NADAL, REMATAMOS A QUENDA DOS CHANCELIÑAS DE INFANTIL CON 4 ANOS CONTANDOLLE O CONTO AOS MAIS MAIORES DO COLE, OS CHANCELOTES DE 6º. A PROFE CARMEN E OS SEUS NENOS E NENAS ELEXIRON O CONTO "¿DONDE VIVE?". 
AO REMATAR, COMO VIÑEMOS FACENDO ESTES DÍAS, OS CHANCELOTES DO PROFE JUAN ENTREGARON OS SEUS DESEXOS DE NADAL AOS DE 4 ANOS, QUE QUEDARON ENCANTADOS.

lunes, 15 de diciembre de 2014

CONTOS POR NADAL V

OS CHANCELIÑAS DE 3 ANOS HOXE CONTARONLLE O CONTO "MARILUZ A AVESTRUZ" AOS CHANCELOTES DA PROFE CHARO (3º DE PRIMARIA), QUE QUEDARON ABRAIADOS COA SOLTURA E ESPONTANEIDADE DOS NOSOS PEQUENOS/AS DO COLE. ESTES CHANCELIÑAS PROMETEN!!!

viernes, 12 de diciembre de 2014

DESEXOS DE 5 ANOS

E, POR SUPOSTO, REGALÁMOSLLES OS NOSOS DESEXOS DE NADAL A 1º EN FORMA DE TREBOL. ESTÁN NA VENTANA DA ENTRADA DO COLE. ANIMÁDEVOS A DESCUBRIR QUE DESEXAN EN 5 ANOS.


CONTOS POR NADAL IV

E COMO NON, OS CHANCELIÑAS DE 5 ANOS TAMÉN RECIBIRON O SEU CONTO DA MAN DO PROFE RICARDO E OS CHANCELOTES DE 1º. CONTÁRONNOS UN CONTO PRECIOSO: "A QUE SABE A LÚA", E DUNHA FORMA MOI ORIXINAL. ENCANTOUNOS.

QUE FACEMOS COS DESEXOS DE 1º?

AQUÍ TEDES O RAMO DE GLOBOS QUE FIXEMOS COS DESEXOS DOS CHANCELOTES DO PROFE RICARDO. SOMOS UNS ARTISTAS!!!


DESEXOS DE 4 ANOS

E QUE VOS PARECEN AS GUIRNALDAS DE CORAZÓNS QUE OS CHANCELOTES DA PROFE AMALIA FIXERON COS DESEXOS DE 4 ANOS. QUEDAN CHULÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍSIMOS DECORANDO A VENTANA DA ENTRADA DO COLE!!!!



 


DESEXOS DE 3 ANOS

OOOOOHHH!!! QUE BONITOS DEIXARON OS NOSOS DESEXOS OS CHANCELOTES DA PROFE MARÍA JESÚS. QUE VOS PARECE?


CONTOS POR NADAL III

NESTA OCASIÓN TÓCALLES CONTAR O CONTO AOS CHANCELIÑAS DE 5 ANOS. COMO ESTE AÑO O TEMA DO COLE SON AS VIAXES, ESCOLLEMOS UN LENDA CHAMADA: "A ARAÑA DE NADAL". OS RECEPTORES DO CONTO FORON OS CHANCELOTES DE 1º, QUE TRAIAN OS SEUS DESEXOS DE NADAL ATADOS A GLOBOS.

AO REMATAR O CONTO REGALARONNOS OS SEUS DESEXOS E NÓS DECIDIMOS FACER CON ELES UN RAMO DE GLOBOS. ESTÁ NA ENTRADA DO COLE, A VER SI DESCUBRIDES ONDE ESTÁ?

jueves, 11 de diciembre de 2014

CONTOS POR NADAL II

AHORA TÓCALLE A QUENDA DE RECIBIR UN CONTO AOS CHANCELIÑAS DE 3 ANOS. A CLASE DA PROFE MARÍA JESÚS (2ºB) CONTOULLES UN CONTOS MOI CHULO: "EL PRÍNCIPE FELIZ", CON DISFRACES E TODO. A CAMBIO, OS CHANCELIÑAS DE 3 ANOS REGALÁRONLLES AOS DE 2ºB, OS SEUS DESEXOS DE NADAL. AOS CHANCELOTES DA PROFE MARÍA JESÚS OCURRÍUSELLES A IDEA DE FACER CON ESTES UNHA ÁRBORE DE NADAL. A VER SI A ATOPADES POLO COLE?
UNHA ACTIVIDADE MOI BONITA ADEMAIS DE INTERESANTE PARA TRABALLAR A EXPRESIÓN ORAL COS NENOS E NENAS.

CONTOS POR NADAL I

DESDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA DO COLE FÍXOSE UNHA PROPOSTA: "CONTOS POR NADAL". CADA CLASE CONTARÁ UN CONTO A OUTRA DURANTE AS ÚLTIMAS SEMANAS DESTE TRIMESTRE. ASÍ CADA CLASE VAI CONTAR E RECIBIR UN CONTO. BOTOUSE A SORTES E AQUÍ TEDES O PRIMEIRO CONTO. 

A CLASE DA PROFE AMALIA (2ºA) CONTOULLE AOS CHANCELIÑAS DE 4 ANOS O CONTO "LOS TRES OSITOS" E, ADEMAIS, REGALARONNOS UNHA TARXETIÑA CUNHA CHOCOLATINA. AOS CHANCELIÑAS ENCANTOULLES TANTO QUE LLES REGALARON OS DESEXOS DE NADAL NUNHA GUIRNANDA DE CORAZÓNS. 

martes, 9 de diciembre de 2014

BAILAMOS UN TANGO?

XA QUE RABIT ESTÁ POR ARXENTINA, NON PODEMOS ESQUECER O BAILE MAIS IMPORTANTE DESTE PAÍS: O TANGO. E POR SUPOSTO, OS CHANCELIÑAS QUIXERON RECIBIR UNHAS CLASES. TANTO LLES GUSTOU QUE ESTÁN FEITOS UNS EXPERTOS.



E aquí vos deixamos un video para disfrutar...

jueves, 27 de noviembre de 2014

DOCES ARXENTINOS

SEGUINDO CO NOSO PROXECTO SOBRE ARXENTINA, TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL, A NAI DE OLIVIA, MARIANA. OLIVIA É UNHA DAS NOSAS CHANCELIÑAS DE 4 ANOS E COMO É DE ARXENTINA NON PUIDEMOS RESISTIRNOS A DEGUSTAR ALGÚN POSTRE DO SEU PAÍS. 

MMMMM!!!! MARIANA DEIXOUNOS COA BOCA ABERTA POIS PREPAROU UNS POSTRES RIQUÍSIMOS: GALLETIÑAS DOCES, PASTELIÑOS DOCES, BIZCOCHITOS SALGADOS, BIZCOCHIÑOS DOCES, ALFAJORES DE MAICENA, E INCLUSO UNHA TORTA CON DOCE DE LEITE. ADEMAIS ENSINOUNOS ALGUNHAS CANCIÓNS INFANTILES DE ARXENTINA. PASÁMOLO MOOOOOI BEN.

NON QUEREMOS ACABAR ESTA ENTRADA SEN DARLLE AS GRAZAS A MARIANA NON SÓ POLO TRABALLO QUE PASOU, SENÓN TAMÉN POLO CARIÑO CO QUE FIXO A SÚA VISITA. FOI UN DÍA MOI ESPECIAL.

lunes, 24 de noviembre de 2014

O MAGOSTO EN CHANCELAS

OS CHANCELIÑAS XA PROBARON AS CASTAÑAS ASADAS NO COLE E... ESTABAN BOÍÍÍSIMAS, E TAMÉN OS BOCADILLIÑOS DE CHOURIZO. PERO ONDE MAIS DISFRUTARON FOI NOS XOGOS TRADICIONAIS NOS QUE PARTICIPARON. UN DÍA COMPLETO.

lunes, 10 de noviembre de 2014

CHEGA O MAGOSTO

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN LIM SOBRE "A CASTAÑEIRA" PARA QUE OS NOSOS CHANCELIÑAS COÑEZAN UN POUCO A FESTA DO MAGOSTO E POIDAN DISFRUTAR DELA XOGANDO.

 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/castaneira/lim.swf?libro=contocastaneira.lim

miércoles, 5 de noviembre de 2014

UNHA VIAXE DE MEDO

AQUÍ VOS DEIXAMOS O VÍDEO DO CONTO FEITO POR TODO O COLE. POÑEDE O VOLUME ALTO E VOS SORPRENDEREDES. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.

O SAMAÍN EN CHANCELAS

O SAMAÍN CHEGOU A CHANCELAS E, CANDO OS NENOS E NENAS ENTRARON NO COLE, ÉSTE ESTABA TODIÑO A ESCURAS E CHEO DE CABAZAS CON VELAS ACENDIDAS DENTRO. ALGÚNS ASUSTÁMONOS UN POUQUIÑO, PERO PRONTO DISFRUTAMOS DUN DÍA TERRORÍFICAMENTE DIVERTIDO.

FIXEMOS UN PERCORRIDO PARA VER AS CABAZAS FEITAS POR NÓS, E DESPOIS, AS PROFES SORPRENDÉRONNOS CUNHA ENTRADA A UN CINE MOI ESPECIAL. VIMOS A PELI "HOTEL TRANSILVANIA".

A CONTINUACIÓN CELEBRAMOS O NOSO FESTIVAL DE SAMAÍN ONDE PUIDEMOS VER PROXECTADO UN CONTO DE MEDO FEITO POR TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE. TAMÉN ESCOITAMOS A CANCIÓN DE QUINTO, O TEATRIÑO DE MARIONETAS DE SEXTO, BAILAMOS E CANTAMOS A CANCIÓN DO "FANTASMA MANOLÍN" E "SKELETON DANCE"... EN FIN, UN DÍA TERRORÍFICAMENTE XENIAL.

lunes, 3 de noviembre de 2014

PRIMEIRA CARTA DE RABIT

DÍAS DESPOIS DE QUE AS PROFES NOS LERAN O CONTO DE RABIT CHEGOU AO COLE UNHA CARTA, E... SABEDES DE QUEN?. MIRADE


LEMOS O CONTO DE RABIT

O OUTRO DÍA AS PROFES TROUXERON UN CONTO SOBRE RABIT E TODOS ESTIVEMOS ESCOITANDO MOI ATENTOS. 

A VIAXE DE RABIT

ESTE ANO A TEMÁTICA MOTIVADORA DO COLE SON "AS VIAXES" E CON TAL MOTIVO DECIDIMOS MANDAR Á NOSA MASCOTA, RABIT, DE VIAXE. ADIVIÑADES ONDE FOI  A PARAR? OBSERVADE O NOSO CONTO E A VER SI ACERTADES.

viernes, 17 de octubre de 2014

OS NOVOS CHANCELIÑAS

POR FIN POÑÉMONOS OUTRA VEZ EN MARCHA, E NON PODEMOS COMEZAR DOUTRA FORMA QUE COAS FOTIÑOS DOS NOVOS CHANCELIÑAS NO SEU PERÍODO DE ADAPTACIÓN. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN.

domingo, 28 de septiembre de 2014

OBRADOIRO DE ARTE

O OBRADOIRO DE ARTE, LEVADO A CABO POLA PROFE LORENA, TITÚLASE "XOGAR A ARTE COA NATUREZA". BASÁMONOS NA OBRA DE AGUSTÍN IBARROLA E O SEU LAND ART (ARTE NA NATUREZA). NA PRIMEIRA SESIÓN, OS CHANCELIÑAS VERSIONARON 3 DAS SÚAS OBRAS MAIS IMPORTANTES: OS CUBOS DA MEMORIA (CON CAIXAS DE ZAPATOS), O BOSQUE DE OMA (CON PAUS) E O BOSQUE DO REXO (CON PEDRAS). E, NA SEGUNDA SESIÓN, OS NENOS E NENAS DERON RENDA SOLTA Á SÚA IMAXINACIÓN CREANDO AS SÚAS OBRAS DE ARTE CON ELEMENTOS NATURAIS E, CANDO O TEMPO O PERMITIU, NO EXTERIOR.
UNHA EXPERIENCIA MOI BONITA.

lunes, 21 de julio de 2014

OBRADOIRO DE DISFRACES

NO OBRADOIRO DE DISFRACES, REALIZADO POLA PROFE BEA, OS CHANCELIÑAS DEIXÁRONSE LEVAR POLA SÚA IMAXINACIÓN A TRAVÉS DA EXPERIMENTACIÓN CON DISFRACES E COMPLEMENTOS VARIADOS: BAILARON, SALTARON, XOGARON, COLABORARON COS OUTROS PARA VESTIRSE... E POR ÚLTIMO, ELABORARON UNHA MARIONETA MOI DIVERTIDA CUN CALCETÍN VELLO. MIRADE QUE BEN O PASARON.

martes, 8 de julio de 2014

OBRADOIRO DE COCIÑA

NO OBRADOIRO DE COCIÑA, LEVADO A CABO POLA PROFE PILAR, FIXERONSE RECEITAS SINXELAS NAS QUE OS CHANCELIÑAS PUIDERON ELABORALAS ELES MESMOS E COOPERAR EN GRUPOS. ASÍ ACADAMOS OBXECTIVOS DE FORMA GLOBALIZADA E DESENVOLVEMOS MOITAS COMPETENCIAS.
UNHA VEZ REALIZADA A RECEITA, DEGUSTÁBASE, COMPARTINDO COS DEMAIS CHANCELIÑAS DOS OUTROS GRUPOS.
REALIZÁRONSE DÚAS SESIÓNS POR GRUPO: NUNHA SESIÓN ELABORÁBASE UNHA RECEITA CON FROITAS, E NOUTRA, UN PASTEL SINXELO.

domingo, 6 de julio de 2014

OBRADOIRO "CREACIÓN DE CONTOS"

O OBRADOIRO "CREACIÓN DE CONTOS" FOI DINAMIZADO POLA PROFE SARA (MESTRA DE AUDICIÓN E LINGUAXE). DURANTE O CURSO ESCOLAR, DENTRO DO TEO DESENVOLVIDO NA ETAPA INFANTIL, TRABALLARONSE OS CONTOS. NA PIZARRA DIXITAL, UTILIZOUSE A PÁXINA "CLIC CLIC CLIC CONTOS INTERACTIVOS" E, EN CONCRETO, O APARTADO EL MUNDO AL REVÉS QUE SON OUTRAS VERSIÓNS DOS CONTOS POPULARES. 
NO OBRADOIRO, UTILIZÁRONSE DIFERENTES TÉCNICAS PARA A CREACIÓN DO CONTO:
  • PARTIR DUN CONTO COÑECIDO POLO ALUMNADO, E MODIFICALO. PODEMOS MODIFICAR O SEU FINAL, ALGUNHA PERSONAXE...
  • A PARTIR DE IMAXES VARIADAS (CASTELO, BOSQUE, RÍO, PRINCESA, ESPADA...) CREAMOS UN CONTO.
  • UN NENO/A COMEZA A INVENTAR UN CONTO E, UN A UN, TEÑEN QUE CONTINUALO.
PARA PLASMAR OS CONTOS EN PAPEL UTILIZÁRONSE DIFERENTES MATERIAIS: CARTOLINAS, FOLIOS DE DIFERENTES TAMAÑOS, CERAS, TÉMPERAS SÓLIDAS...

OBRADOIRO DE XOGOS

COMO SABEDES, AO LONGO DESTE CURSO LEVARONSE A CABO 5 OBRADOIROS DIFERENTES: OBRADOIRO DE XOGOS, OBRADOIRO DE CONTOS, OBRADOIRO DE COCIÑA, OBRADOIRO DE DISFRACES E OBRADOIRO DE ARTE COA NATUREZA.
OS OBRADOIROS ESTABAN FORMADOS POR GRUPOS DE 11 OU 12 NENOS E NENAS, DE IDADES DIFERENTES (3, 4 E 5 ANOS), E CADA GRUPO ÍAN ROTANDO CADA SEMANA POR UN OBRADOIRO DISTINTO.
O OBRADOIRO DE XOGOS FOI DINAMIZADO POLA PROFE CARMEN. OS CHANCELIÑAS CREARON ELES MESMOS XOGOS CON MATERIAL DE RECICLAXE E DESPOIS POÑÍAN EN PRÁCTICA A SÚA CREACIÓN. AQUÍ TEDES ALGUNHA FOTIÑO.

miércoles, 2 de julio de 2014

FESTIVAL FIN DE CURSO

NON PODEMOS DEIXAR DE VER AS ACTUACIÓNS DOS NOSOS CHANCELIÑAS. AQUÍ DEIXAMOS AS DE INFANTIL, PERO PODEDES VER O RESTO DE ACTUACIÓNS DO FESTIVAL NO BLOG DE ENDL DO COLE:
http://endldoceipdechancelas.blogspot.com.es/

ACTUACIÓN DA AULA DE 3 ANOS


ACTUACIÓN DA AULA DE 4 ANOS


ACTUACIÓN DA AULA DE 5 ANOS 


martes, 1 de julio de 2014

AS FAMILIAS CONTAN

GRACIAS AS FAMILIAS DOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS PUIDEMOS LEVAR A CABO AO LONGO DO CURSO UNHA ACTIVIDADE CHULÍSIMA "AS FAMILIAS CONTAN". UN DÍA Á SEMANA UN FAMILIAR DE CADA NENO OU NENA DESTA CLASE NOS AGASALLABA COA LECTURA DUN CONTO PARA TODOS OS CHANCELIÑAS. 
CON ESTA ENTRADA QUEREMOS AGRADECER A ESTAS FAMILIAS POIS SEN ELAS ESTA ACTIVIDADE NON SERÍA POSIBLE E, COMO NON, DESPEDIR AOS CHANCELIÑAS DE 5 ANOS QUE PRONTO SE CONVERTIRAN EN CHANCELOTES CO SEU PASO A PRIMARIA. 

miércoles, 25 de junio de 2014

OS CHANCELIÑAS NA PRAIA

AQUÍ TEDES A SAÍDA DOS NOSOS CHANCELIÑAS Á PRAIA DE AREAS. DISFRUTARON MOITÍSIMO XOGANGO, BUSCANDO CUNCHAS, ENTERRÁNDOSE NA AREA... DESPOIS MERENDAMOS Á SOMBRIÑA E XOGAMOS UN RATIÑO NO PARQUE. PASÁMOLO MOOOOOOOOI BEN.

lunes, 16 de junio de 2014

TEATRO "LUME"

OS CHANCELIÑAS FORON UNHA VEZ MAIS DE EXCURSIÓN A VER O ESPECTÁCULO DE TÍTERES "LUME", BASADA NUNHA HISTORIA DE COOPERACIÓN E SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL, ONDE DÚAS TITIRITERAS RECREAN UN BOSQUE PARA CONTAR UNHA HISTORIA UTILIZANDO UNHA TÉCNICA MIXTA DE CONTACONTOS E TÍTERES DE MESA.

lunes, 9 de junio de 2014

sábado, 7 de junio de 2014

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Este venres 6 de xuño celebramos unha xornada de portas abertas, así puideron visitarnos os novos alumnos e alumnas que a partires de setembro estarán con nós no colexio.
http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d11081040kP86347329o2/xornada-portas-abertas

lunes, 2 de junio de 2014

HELLO GOODBYE CHANCELAS

OS NENOS E NENAS QUE ACUDEN A INGLÉS EN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES QUIXERON DESPEDIR O CURSO CON ESTE VIDEO. MOI DIVERTIDO!!!


jueves, 29 de mayo de 2014

AHÍ VEN O MAIO

O MAIO CHEGOU A CHANCELAS E OS NOSOS NENOS E NENAS ESTÁN MOI ATAREFADOS PREPARANDO OS COLARES CON FLORES PARA DECORAR O MAIO DE CHANCELAS. QUEDOU PRECIOSO!

sábado, 24 de mayo de 2014

CENTENARIO DE "PLATERO Y YO"

PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO, NO COLE DECIDIMOS TRABALLAR O LIBRO DE JUAN RAMÓN JIMENEZ, "PLATERO Y YO", CO MOTIVO DE CUMPLIRSE O SEU CENTENARIO. AOS CHANCELIÑAS PARECEULLES QUE CUMPLIR 100 ANOS ERAN MOITOS, A SI QUE ENTRE TODOS FIXÉMOSLLE UNHA HOMENAXE A PLATERO. AS PROFES FIXERON UN PLATERO MOI GRANDE E OS NENOS E NENAS DEDICARONLLE ADXECTIVOS BONITOS PARA DESCRIBIR A O NOSO PLATERO. GÚSTAVOS?

miércoles, 21 de mayo de 2014

OVOS DE PASCUA

DESPOIS DUNS DÍAS CON PROBLEMAS TÉCNICOS RETOMAMOS, AÍNDA QUE CON RETRASO, UN XOGO QUE FIXERON OS CHANCELIÑAS ANTES DAS VACACIÓNS DE PASCUA. A NOSA MASCOTA, RABIT, ESCONDEU POLO COLE OVOS DE CHOCOLATE. TODOS AXUDARON A RECUPERAR OS OVOS E DESPOIS AS PROFES REPARTIRON UN A CADA NENO E NENA. ESTABAN BOÍSIMOS.

PROBLEMAS TÉCNICOS

DESCULPADE ESTES DÍAS DE PARÓN NA PUBLICACIÓN DE ENTRADAS NESTE BLOGUE. TEMOS ALGÚNS PROBLEMAS TÉCNICOS QUE ESTARÁN SOLUCIONADOS A FINAIS DESTA SEMANA. UN SAÚDO.

lunes, 12 de mayo de 2014

BEBÉS EN CHANCELAS

XA ESTÁN AQUÍ AS FOTOS DA VISITA QUE NOS FIXERON ALGUNHAS MAMÁS DO COLE COS SEUS BEBÉS. A NAI DE ÍKER PAZ, CO SEU BEBÉ AÍNDA NA BARRIGA; A NAI DE SARAVI, E A NAI DE GABRIEL AREÁN COS SEUS BEBÉS CONTARONNOS UN CONTO SOBRE COMO NACEN OS BEBÉS, AMOSÁRONNOS ECOGRAFÍAS, CAMBIARON CUEIROS E UN MONTÓN DE COUSIÑAS MAIS. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

viernes, 2 de mayo de 2014

LIM PRIMAVERAL

AGORA QUE CHEGA O BO TEMPO, DEIXÁMOSVOS UN LIM SOBRE A PRIMAVERA. ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES CON EL. BOA PONTE
   

O CONTO DE MAMI FINE

OS CHANCELIÑAS MAIS PEQUENIÑOS, OS DA CLASE DE 3 ANOS, FIXERON UN CONTO ENTRE TODOS QUE FOI ENVIADO XUNTO CO PIORNO CONTADOR AO SALÓN DO LIBRO. GRAZAS A PROFE CELESTE (MESTRA SUSTITUTA DE INFANTIL) E A PROFE ALICIA (MESTRA DE MÚSICA) PODEMOS DISFRUTAR DE ESTE CONTO DIXITALIZADO. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.

sábado, 26 de abril de 2014

SALÓN DO LIBRO

OS CHANCELIÑAS VISITAN O SALÓN DO LIBRO, ESTE ANO TITULADO "COCIÑANDO CONTOS". ASISTIMOS A UNHA OBRA DE TEATRO E DESPOIS PERCORRIMOS OS DISTINTOS ESPAZOS DO SALÓN. CANTOS TRABALLOS FERMOSOS!!!! BOTADE UNHA OLLADA

martes, 15 de abril de 2014

MOMENTO RELAX

XA CHEGOU O CALORCIÑO A CHANCELAS E OS MAIS PEQUENIÑOS DO COLE QUIXERON TOMAR UN MOMENTO RELAX AO AIRE LIBRE. APRENDIMOS A DARNOS MASAXES OS UNS AOS OUTROS  E POLO QUE SE VE FIXÉRONSE UNS EXPERTOS.

viernes, 4 de abril de 2014

O PIORNO CONTADOR

DURANTE O ESTE CURSO OS CHANCELIÑAS TRABALLARON MOI DURO NA REALIZACIÓN DUN HORREO FEITO CON MATERIAIS DE RECICLAXE PARA PARTICIPAR NO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA. 
CANDO CHEGOU O MOMENTO DE MANDALO DE VIAXE AO SALÓN, FIXEMOS UNHA CERIMONIA DE DESPEDIDA. OS ENCARGADOS DAS CLASES METERON DENTRO DO HORREO, CONTOS RELACIONADOS CO MILLO E FEITOS POR ELES MESMOS. AO FINAL CANTÁMOSLLE UNHA CANCIÓN DE DESPEDIDA. 
NON PERDADES A OCASIÓN DE VISITALO.
BOA VIAXE PIORNO CONTADOR!!!

sábado, 29 de marzo de 2014

ENTROIDO EN CHANCELAS

O ENTROIDO CHEGOU A CHANCELAS E OS NOSOS CHANCELIÑAS PUXERONSE OS SEUS DISFRACES E DISFRUTARON COMO NUNCA. E DESPOIS, PARA REPOÑER FORZAS, UN RIQUÍSIMO MENÚ: FILLOAS, ORELLAS... QUE UN MONTÓN DE FAMILIAS TROUXERON AO COLE.
ESPERAMOS  QUE O PASARADES MOI BEN. MOITAS GRAZAS POR COLABORAR.

miércoles, 19 de marzo de 2014

MUIÑADA EN BAROSA

AQUÍ TEDES A SAÍDA QUE FIXEMOS AOS MUÍÑOS DE BAROSA. UNHA ACTIVIDADE PRECIOSA ONDE OS CHANCELIÑAS APRENDERON UNHA CHEA DE COUSAS: COÑECEMOS DIFERENTES TIPOS DE FARIÑA, PUXEMOS A FUNCIONAR O MUÍÑO, OBSERVAMOS AS FERRAMENTAS NECESARIAS PARA TRABALLAR NO FORNO... ADEMAIS DE DEGUSTAR UN RIQUÍSIMO CHOCOLATE QUENTE ACOMPAÑADO DUNHAS GALLETIÑAS MOI SABROSAS.
E POR ÚLTIMO, DESCUBRIMOS OS INGREDIENTES NECESARIOS PARA FACER PAN E AS TÉCNICAS PARA AMASAR, QUE DESPOIS PUXEMOS EN PRÁCTICA.
UNHA EXCURSIÓN MOI COMPLETA E ONDE OS CHANCELIÑAS DISFRUTARON MOITÍSIMO.

domingo, 16 de marzo de 2014

OBRADOIRO DE MAQUILLAXE

ESTA VEZ OS CHANCELIÑAS QUIXERON POÑERSE MOI GUAPOS PARA A CHEGADA DO ENTROIDO, E PARA ISTO, PASARON POR UN SALÓN DE MAQUILLAXE MOI ESPECIAL CUNS ESTILISTAS DE CATEGORÍA... ESTE ENTROIDO DEU MOITO DE SÍ.

miércoles, 12 de marzo de 2014

MANDADIÑO DI...

OUTRO ANO MAIS CHEGOU MANDADIÑO COS SEUS CONSELLOS PARA PODER DISFRAZARNOS. OS CHANCELIÑAS DURANTE A SEMANA DE ENTROIDO FORON ONDE MANDADIÑO PARA LER AS SÚAS MENSAXES E CUMPLINDO RIGUROSAMENTE AS SÚAS NORMAS. FOI DIVERTIDÍSIMO.

martes, 4 de marzo de 2014

PLUM DISFRÁZASE

MENTRES PREPARAMOS A ENTRADA COAS FOTOS DO ENTROIDO NO COLE, AQUÍ VOS DEIXAMOS UN LIM QUE TRABALLAMOS CON ALGÚNS NENOS E NENAS DE INFANTIL. ESPERAMOS QUE SEXA DE UTILIDADE PARA ESTES DÍAS DE CHUVIA NA CASA. SAUDIÑOS

  

jueves, 27 de febrero de 2014

OS CHANCELIÑAS NO VIVEIRO

ESTA VEZ, OS CHANCELIÑAS FORON DE EXCURSIÓN AO VIVEIRO "O PIÑEIRO". ESTABAN EMOCIONADISIMOS. FOMOS DE PASEO POLO INVERNADOIRO, ONDE PUIDEMOS VER ÁRBORES FRUTAIS, UNHA CHEA DE FLORES DIFERENTES, PLANTAS AROMÁTICAS, CÁCTOS, DISTINTOS TIPOS DE LEITUGAS ... E MOREAS DE PLANTAS HORTÍCOLAS. TAMÉN NOS ENSINARON ALGÚNS DOS ANIMAIS QUE TEÑEN ALÍ, E OS MAIS VALENTES ATREVÉRONSE A TOCALOS. A VER SI ADIVIÑADES OS QUE FORON MAIS OUSADOS?

sábado, 22 de febrero de 2014

"CUERDAS" UN VIDEO PARA REFLEXIONAR

A CURTAMETRAXE "CUERDAS" CONTA UNHA FERMOSA HISTORIA QUE NIN PEQUENOS NIN MAIORES DEBERÍAN DEIXAR DE VER. EN SOAMENTE 10 MINUTOS, O SEU GUIONISTA E DIRECTOR, PEDRO SOLÍS GARCÍA, CONSEGUIU PLASMAR OS VALORES DE AMIZADE, XENEROSIDADE, INOCENCIA E TENRURA DA INFANCIA DE FORMA BRILLANTE. O SEU DIRECTOR FOI GALARDONADO CO PREMIO "GOYA" AO MELLOR CURTO DE ANIMACIÓN.
SE TEDES OCASIÓN DE VISIONALO NON PERDADES A OPORTUNIDADE. POLO MOMENTO DEIXÁMOSVOS O TRAILER.

viernes, 21 de febrero de 2014

A QUÉ SABE O MILLO?

AI!! OS CHANCELIÑAS NON PARAN DE ENREDAR CO MILLO. ESTA VEZ QUIXERON SABER A QUÉ SABE O MILLO? A PROFES PROPUXÉRONLLES UN XOGO. ADIVIÑADES CAL É?

lunes, 17 de febrero de 2014

O MILLO EN ARGENTINA

AÍ VAI UN VÍDEO SOBRE O MILLO DUN CANAL DE TELEVISIÓN INFANTIL DE ARGENTINA, CO QUE TRABALLAMOS ALGUNHAS COUSIÑAS SOBRE O MILLO. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.


jueves, 13 de febrero de 2014

E AGORA... A DEBULLAR

OUTRA VEZ OS CHANCELIÑAS ESTÁN CO MILLO A VOLTAS. ESTA VEZ TIVEMOS QUE DEBULLAR. UFFF!! MENUDO TRABALLO TIVEMOS. PERO XA SOMOS AUTÉNTICOS EXPERTOS.

SOPROS DE NADAL

OUTRA VEZ OS CHANCELIÑAS DE EXCURSIÓN. ESTA VEZ FOMOS... AO MUSEO DE PONTEVEDRA!!!! NIN MAIS NIN MENOS. ALÍ PUIDEMOS DISFRUTAR DA EXPOSICIÓN "SOPROS DE NADAL"CONTA A LENDA QUE, EN TORNO A MEDIADOS DO SÉCULO XIX, UN VIDREIRO MOI POBRE, NON PODENDO PERMITIRSE COMPRAR MAZÁS, NOCES E GALLETAS COAS QUE TRADICIONALMENTE SE ADORNABA A ÁRBORE DE NADAL, DECIDIU IMITAR AS SÚAS FORMAS SOPRÁNDOAS EN VIDRO. NACÍAN ASÍ AS BÓLAS DE NADAL DE VIDRO. 
A EXPOSICIÓN RECOLLE UNHA SELECCIÓN DE MAIS DE 400 ADORNOS DE CRISTAL PARA ÁRBOL DE NADAL, SOPRADOS E PINTADOS ARTESANALMENTE POR EXPERTOS VIDREIROS CENTROEUROPEOS, PRINCIPALMENTE CHECOS, POLACOS E ALEMÁNS; ASÍ COMO ANÉCDOTAS CURIOSAS QUE AFECTAN AOS PERSONAXES E OBXECTOS QUE PROTAGONIZAN O NADAL. TRÁTASE DA PRIMEIRA EXPOSICIÓN DESTAS CARACTERÍSTICAS QUE SE REALIZA NUN MUSEO ESPAÑOL.

jueves, 6 de febrero de 2014

LA PALOMA MARIPAZ

AQUÍ TEDES UN LIM "LA PALOMA MARIPAZ" QUE TRABALLAMOS NO COLE CON MOTIVO DO DÍA DA PAZ. AOS NENOS E NENAS ENCANTOULLES.

DESEXOS DE NADAL

COMO VOS DIRÍAN OS VOSOS NENOS E NENAS, A FINAIS DO PRIMER TRIMESTRE TIVEMOS UNHA VISITA SORPRESA: PAPÁ NOEL!!! SÍ, SÍ, COMO ESCOITADES, O MISMÍSIMO SANTA CLAUS VEU A COMBARRO E TIVO UN MOMENTIÑO PARA FALAR CON TODOS OS CHANCELIÑAS QUE O ESTABAN A ESPERAR MOI EMOCIONADOS.
TODOS FALARON CON PAPÁ NOEL E PEDIRONLLE OS SEUS DESEXOS DE NADAL.

AHHH!! E NON VOS ESQUEZADES QUE PODEDES VOLVER A VER AS ACTUACIÓNS DO FESTIVAL DE NADAL NO BLOG DO CENTRO, ONDE COLGAMOS AS ACTIVIDADES COMÚNS DE TODO O COLE: http://endldoceipdechancelas.blogspot.com.es/

viernes, 31 de enero de 2014

NUNCABUNGA

O 21 DE NOVEMBRO OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS FOMOS AO TEATRO A VER A OBRA TITULADA NUNCABUNGA
"PRETO DO MAR VIVE UNHA PERSOA QUE CONSTRUIU O SEU FOGAR NUN RECANTO. UN DÍA DE TEMPESTADE, APARECE UN ESTRAÑO ENREDADO NUNHAS REDES, COMA UN RESIDUO MAIS. NON TEN CASA NIN COMIDA PERO ESTÁ DECDIDO A QUEDAR NAQUEL LUGAR. SERÁN CAPACES DE POÑERSE DE ACORDO?"
ESTA OBRA CÓMICA, GAÑADORA DO PREMIO MARÍA CASARES AO MELLOR ESPECTÁCULO, TRATA VALORES COMA O RESPECTO E A CONVIVENCIA.

jueves, 30 de enero de 2014

EXPOSICIÓN "POR FIN ES MAIOR"

AQUÍ TEDES A PRIMEIRA EXCURSIÓN DO CURSO. OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS VISITARON UNHA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA ADICADA ÁS PERSOAS MAIORES COMA OS NOSOS AVÓS, CON IMAXES DOS MOMENTOS MAIS DIVERTIDOS EN DISTINTOS CENTROS DE MAIORES: TAICHÍ, BIOXIMNASIA, PINTURA, LECTURA, BAILES DE SALÓN OU SERVICIOS COMA PERRUQUERÍA, MAQUILLAXE...
A EXPOSICIÓN, ADEMAIS DE DAR A COÑECER DE FORMA DIRECTA E PRÓXIMA OS CENTROS DE MAIORES, TAMÉN QUERE REIVINDICAR UN ESTILO MAIS ABERTO E ACTIVO PARA TODAS AQUELAS PERSOAS QUE PASAN DOS 55 ANOS.
MOI INTERESANTE.

A ESFOLLAR CHANCELIÑAS!!

GRAZAS ÁS APORTACIÓNS DAS FAMILIAS, REUNIMOS NO COLE UNHA MOREA DE PLANTAS DE MILLO. E COA MESMA, DECIDÍMONOS A PREPARAR UNHA GRAN ESFOLLADA. NON VOS PERDADES O QUE TRABALLARON OS VOSOS NENOS E NENAS.

martes, 28 de enero de 2014

PROXIMAMENTE


PROXIMAMENTE PORÉMONOS DE NOVO EN FUNCIONAMENTO PRESENTÁNDOVOS FOTOS DAS ACTIVIDADES E PROPOSTAS FEITAS AO LONGO DO CURSO, ASÍ COMA OUTROS CONTIDOS COS QUE PODEREDES TRABALLAR COS VOSOS NENOS E NENAS. ANIMÁDEVOS A VISITALO E FACERNOS COMENTARIOS.

SAUDIÑOS DAS MESTRAS DE INFANTIL